Ruta Padrón Xacobeo

Fonte do Carme
Construída por Pedro de la Bárcena no 1577
Consta de tres corpos: no corpo inferior atópase a Virxe das Dores, protectora das parturientes; no corpo central, a representación da translación do apóstolo Santiago polos seus discípulos a estas terras; no corpo superior, o bautismo da raíña Lupa polo apóstolo Santiago.
Foi reconstruída no século XVIII, segundo indica a inscrición do seu arco, durante o reinado de Carlos IV, sendo alcalde de Padrón don Joaquín Foxi Bendaña, no ano 1789. O interior da fonte alberga unha placa onde se fai constar que o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlocar, bispo de Sidonia, concedía 40 días de indulxencias as todas as persoas que devotamente rezasen unha salve diante da imaxe da Virxe.

Pazo do Concello
Casa consistorial s. XVI

Xardín Botánico Artístico de Padrón
Xardín Botánico–Artístico de Padrón, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1946

Cruceiro do Camiño
Cruceiro de finais do s. XX con imaxes da Traslatio e a tradición xacobea.

Monumento ao Peregrino
Obra do escultor Camilo Seira inaugurada no ano 1999

Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia
A Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia é unha das igrexas máis antigas de Galicia e está considerado o primeiro templo mariano do mundo.

Lugar da Barca
Este lugar, situado na beira dereita do Sar, é identificado como o lugar onde se atopa a lousa que no episodio da Traslatio, acolle o corpo do Apóstolo.

Santiaguiño do Monte
Santuario paleocristiano (s.III a C.) identificado pola tradición xacobea como o lugar de predicación do Apóstolo

Fonte do Carme
Construída por Pedro de la Bárcena no 1577

Igrexa parroquial de Santiago de Padrón
Igrexa do s. XIX construída sobre un templo primitivo do s. X

Praza de Fondo de Vila
No extremo sur da zona antiga de Padrón está a praza na que se atopa o cruceiro plateresco de Fondo da Vila.

Escudo de Padrón
Escudo de Padrón do s. XVII