Ruta Rosalía nos camiños

Fondóns

Fondóns

Lo que hace singular este lugar son los versos que le dedicó Rosalía de Castro

O modesto regato de Fondóns é unha gran mostra da relevancia que tiveron os cursos de auga na vida de Galicia durante séculos. En Fondóns chama a atención un burato aberto na pedra do chan, polo que, segundo a tradición, metíase a roupa de nenos e nenas para purificala coa auga do regato.

Mais o que fai singular este lugar son os versos que lle dedicou Rosalía de Castro no seu poemario En las orillas del Sar, no que se describe a natureza e a actividade que se xeraba ao seu arredor. En 2021 o Concello de Rois colocou unha placa para recordar estas palabras e conmemorar o Día de Rosalía.