Ruta Rosalía nos camiños

Playa fluvial de Seira

Playa fluvial de Seira

La playa fluvial de Seira es uno de los sinónimos del verano en el valle del Sar.

A praia fluvial de Seira é un dos sinónimos do verán no val do Sar. Situada nas augas do río Rois, é un espazo de baño tranquilo e seguro, que ademais conta con espazo á sombra perfecto para os xogos, as merendas e as comidas campestres. Toda a zona foi reformada en 2017 coa disposición dunha área de descanso con bancos e mesas para o goce da cidadanía. Cun aparcadoiro amplo, é o lugar ideal para rebaixar a temperatura cando o sol máis aperta.