Camiño da Pedronía
Santiaguiño do Monte
Santuario paleocristiano (s.III a C.) identificado pola tradición xacobea como o lugar de predicación do Apóstolo
Para chegar á área recreativa de Santiaguiño do Monte de Padrón temos dúas opcións. A primeira delas é a pé, a través de 132 escaleiras que nacen moi preto do Convento do Carme, e a segunda, en coche, collendo a AC 299 dirección a Rois, desviándonos á man esquerda a uns 300 metros da ponte de Santiago.
Alí atoparemos un entorno incomparable para o descanso e ocio, dispoñendo dunha zona acondicionada con mesas, grellas, fontes, parque infantil…apta para o goce en familia e amizades.
Ademais dun xacemento arqueolóxico que podería remontarse á Idade de Ferro (s. III a. C.). Que a tradición identifícao como un dos santos lugares onde estivo a predicar o apóstolo Santiago na península ibérica, cara ao ano 40 d.C.
Santuario da Nosa Señora da Escravitude
O Santuario da Nosa Señora da Escravitude está a tan só 5 km da zona antiga de Padrón en dirección a Santiago de Compostela, na marxe dereita.
Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia
A Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia é unha das igrexas máis antigas de Galicia e está considerado o primeiro templo mariano do mundo.
O Pedrón
Ara romana, onde segundo a tradición xacobea, foi amarrada a barca cos restos do Apóstolo.
Santiaguiño do Monte
Santuario paleocristiano (s.III a C.) identificado pola tradición xacobea como o lugar de predicación do Apóstolo
Camiño da Pedronía
Os peregrinos, tras visitar a tumba do Apóstolo en Santiago de Compostela, peregrinaban Padrón para coñecer o punto sagrado de desembarque do seu corpo.