Camiño da Pedronía

O Pedrón
Ara romana, onde segundo a tradición xacobea, foi amarrada a barca cos restos do Apóstolo.
O Pedrón é unha ara romana, onde segundo conta a tradición xacobea, foi amarrada a barca que trasladou os restos do apóstolo Santiago desde Palestina, acompañado polos seus discípulos Teodoro e Atanasio, ata as costas galegas.
Esta peza tan importante dentro da cultura xacobea pode contemplarse baixo o altar maior da Igrexa de Santiago, en Padrón, levantada ao carón do río Sar no ano 1133 polo arcebispo Xelmírez.
O Pedrón deu lugar ao topónimo da vila e na súa parte frontal pode observarse unha inscrición traducida por algúns autores como “A Neptuno el Foro Iriense con su dinero”.

Santuario da Nosa Señora da Escravitude
O Santuario da Nosa Señora da Escravitude está a tan só 5 km da zona antiga de Padrón en dirección a Santiago de Compostela, na marxe dereita.

Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia
A Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia é unha das igrexas máis antigas de Galicia e está considerado o primeiro templo mariano do mundo.

O Pedrón
Ara romana, onde segundo a tradición xacobea, foi amarrada a barca cos restos do Apóstolo.

Santiaguiño do Monte
Santuario paleocristiano (s.III a C.) identificado pola tradición xacobea como o lugar de predicación do Apóstolo

Camiño da Pedronía
Os peregrinos, tras visitar a tumba do Apóstolo en Santiago de Compostela, peregrinaban Padrón para coñecer o punto sagrado de desembarque do seu corpo.