Casco histórico de Padrón

O Pedrón

O Pedrón

Ara romana, onde segundo a tradición xacobea, foi amarrada a barca cos restos do Apóstolo.

O Pedrón é unha ara romana, onde segundo conta a tradición xacobea, foi amarrada a barca que trasladou os restos do apóstolo Santiago desde Palestina, acompañado polos seus discípulos Teodoro e Atanasio, ata as costas galegas.

Esta peza tan importante dentro da cultura xacobea pode contemplarse baixo o altar maior da Igrexa de Santiago, en Padrón, levantada ao carón do río Sar no ano 1133 polo arcebispo Xelmírez.

O Pedrón deu lugar ao topónimo da vila e na súa parte frontal pode observarse unha inscrición traducida por algúns autores como “A Neptuno el Foro Iriense con su dinero”.