Casco histórico de Padrón
Paseo do Espolón
Baixo este arboredo todos os domingos do ano, dende a Idade Media, celébrase un típico mercado, onde se venden todo tipo de mercadorías que o visitante poida imaxinar, e o cal, domingo tras domingo, atrae a milleiros de persoas de todo Galicia.
Se queremos descansar da nosa visita por Padrón, un dos mellores lugares é o paseo fluvial do Espolón, en pleno casco antigo. Cuberto por un conxunto de Plátanos de sombra e presidido a ambos os dous lados polos nosos máis célebres literatos tanto no ámbito nacional como internacional.
No extremo norte encóntrase a estatua da autora Rosalía de Castro, realizada no 1957 por José María Mateos e sufragada polo pobo padronés (para evitar “persoas padronesas”) do Uruguai, tal e como reza unha das placas da mesma. No extremo sur do paseo, está o monumento ao Premio Nobel de literatura, Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía, do ano 2003.