Roteiro Literario Camilo José Cela en Padrón 3
Percorrido de 15 quilómetros, para viaxeiros preparados, polas anteriores paraxes e otras próximas como Herbón, Pontecesures e o lugar de Santiaguiño do Monte.
Fonte do Carme
Consta de tres corpos: no corpo inferior atópase a Virxe das Dores, protectora das parturientes; no corpo central, a representación da translación do apóstolo Santiago polos seus discípulos a estas terras; no corpo superior, o bautismo da raíña Lupa polo apóstolo Santiago.
Foi reconstruída no século XVIII, segundo indica a inscrición do seu arco, durante o reinado de Carlos IV, sendo alcalde de Padrón don Joaquín Foxi Bendaña, no ano 1789. O interior da fonte alberga unha placa onde se fai constar que o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlocar, bispo de Sidonia, concedía 40 días de indulxencias as todas as persoas que devotamente rezasen unha salve diante da imaxe da Virxe.