Roteiro rosaliano de Padrón polos camiños
 
                                          Cemiterio de Adina
Cemiterio histórico con vestixios da época romana e sueva
                          O actual cemiterio conta entre os seus muros co dous cruceiros e catro oliveiras centenarias que forman parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Baixo un deles, está situada a sepultura de Camilo José Cela ( Iria Flavia, 1916 - Madrid 2002).
Outra soada escritora galega, Rosalía de Castro (Conxo, 1837 - Padrón,1885), expresou o seu desexo de ser enterrada neste camposanto onde repousaron os seus restos ata 1891, cando se trasladaron ao mausoleo do Panteón de Galegos Ilustres, situado en Santiago de Compostela. Con todo, neste cemiterio consérvase unha lápida na súa honra.
 
                          
                          Monumento a Rosalía de Castro
                          Monumento a Rosalía de Castro. Doazón dos padroneses residentes en Uruguay.
                       
                          
                          Casa na rúa Sol
                          Nesta rúa Rosalía de Castro viviu de nena.
                       
                          
                          Cemiterio de Adina
                          Cemiterio histórico con vestixios da época romana e sueva
                       
                          
                          Pazo de Arretén
                          O pazo de Arretén pertenceu á familia materna de Rosalía de Castro
                       
                          
                          Casa Museo de Rosalía de Castro
                          Neste espazo proponse un percorrido pola vida e a obra de Rosalía de Castro.