Ruta Rosalía nos camiños
Cemiterio de Adina
Cemiterio histórico con vestixios da época romana e sueva
O actual cemiterio conta entre os seus muros co dous cruceiros e catro oliveiras centenarias que forman parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Baixo un deles, está situada a sepultura de Camilo José Cela ( Iria Flavia, 1916 - Madrid 2002).
Outra soada escritora galega, Rosalía de Castro (Conxo, 1837 - Padrón,1885), expresou o seu desexo de ser enterrada neste camposanto onde repousaron os seus restos ata 1891, cando se trasladaron ao mausoleo do Panteón de Galegos Ilustres, situado en Santiago de Compostela. Con todo, neste cemiterio consérvase unha lápida na súa honra.
Monumento a Rosalía de Castro
Monumento a Rosalía de Castro. Doazón dos padroneses residentes en Uruguay.
Fonte de Vilar e Pazo de Lestrobe
A Fonte Vilar sitúase en Lestrobe, no límite de Dodro con Padrón, a uns metros do Pazo de Lestrobe
Torres de Hermida
No século XIX o propietario era tío de Rosalía de Castro, por iso pasou longas temporadas aquí.
Fonte de Santa María
Nos seus paseos por Lestrobe a escritora adoitaba visitar a fonte de Santa María
Santiaguiño do Monte
Santuario paleocristiano (s.III a C.) identificado pola tradición xacobea como o lugar de predicación do Apóstolo
Lamas e muíño da Maquia
Parroquia de Lamas e o muíño da Maquia
Ponte de Camilo Seira
Fondóns
O que fai singular este lugar son os versos que lle dedicou Rosalía de Castro
Praia fluvial de Seira
A praia fluvial de Seira é un dos sinónimos do verán no val do Sar.
Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia
A Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia é unha das igrexas máis antigas de Galicia e está considerado o primeiro templo mariano do mundo.
Cemiterio de Adina
Cemiterio histórico con vestixios da época romana e sueva
Casa Museo de Rosalía de Castro
Neste espazo proponse un percorrido pola vida e a obra de Rosalía de Castro.
Casa na rúa Sol
Nesta rúa Rosalía de Castro viviu de nena.