Ruta Padrón Literario

Praza de Baltar
Seis son as xeracións de farmacéuticos da familia Baltar que se levan dedicando á xestión desta farmacia: o fundador da primitiva farmacia foi José Baltar Varela, iniciou a actividade nun pequeno espazo da súa vivenda; Angel Baltar Cortés, farmacéutico de segunda xeración foi encargado da remodelación (1873). Conservaba boa amizade co enxeñeiro de ferrocarrís John Trulock (avó de Camilo José Cela). Foi o señor Trulock quen lle agasallou o botamen que aínda hoxe se conserva na farmacia.
Tamén era grande amigo de Rosalía de Castro, coa cal mantiña correspondencia e intercambiaba libros; o terceiro farmacéutico foi Ernesto Baltar Cortés; o cuarto farmacéutico foi Manuel Baltar Santaló, contaba coa axuda da súa muller, unha das poucas mulleres farmacéuticas da época; o quinto farmacéutico foi Óscar Baltar Montero; o sexto e actual farmacéutico é Óscar Baltar Bescansa.











