Ruta Padrón Literario

Praza de Macías

Praza de Macías

Praza principal de Padrón

A obra literaria de Macías compóñena uns poemas en galego e en castelán con galeguismos que se recollen no Cancionero de Baena e no Cancionero de Palacio. A súa vida foi coma unha intensa novela.

Cóntase que sendo escudeiro do marqués de Calatrava, D. Enrique de Aragón, namorouse dunha doncela de clase alta que se atopaba ao servizo deste. A moza casou obrigada cun fidalgo de avoengo, pero seguiu mantendo relacións en segredo co poeta. Ao decatarse o seu marido da traizón, mandou pechar a Macías na torre do castelo de Arjonilla (Jaén).

Así mesmo, o ofendido marqués arreboloulle unha lanza a través dunha reixa, dándolle morte. Macías recibiu sepultura na igrexa de Santa Catalina de Arjonilla.