Ruta Padrón Literario

Monumento a Camilo José Cela

Monumento a Camilo José Cela

Data de construción: 18 abril 2004

O monumento, obra do escultor Manuel Ferreiro Badía,  está dividido en tres partes: pedestal pétreo sobre o que se asenta a figura sedente do escritor realizada en bronce e dúas esferas que simbolizan a creación e o coñecemento.

O acto de inauguración contou ca presenza da viúva do Nobel, Marina Castaño, entón presidenta da Fundación PG Camilo José Cela, e o conselleiro de Cultura Jesús Pérez Varela e concluíu cunha oferta floral simbólica na lembranza do escritor.