Descubre Padrón

Cemiterio de Adina

Cemiterio de Adina

Cemiterio histórico con vestixios da época romana e sueva

O actual cemiterio conta entre os seus muros  co dous  cruceiros e catro oliveiras centenarias que forman parte do Catálogo de Árbores  Senlleiras de Galicia. Baixo un deles, está situada a sepultura de Camilo José Cela ( Iria Flavia, 1916 - Madrid 2002). 

Outra soada escritora galega, Rosalía de Castro (Conxo, 1837 - Padrón,1885), expresou o seu desexo de ser enterrada neste camposanto onde repousaron os seus restos ata 1891, cando se trasladaron ao  mausoleo do Panteón de Galegos Ilustres, situado en Santiago de Compostela. Con todo, neste cemiterio consérvase unha lápida na súa honra.