Descubre Padrón
Rúa Juan Rodríguez de Cámara
Poeta e novelista padronés de literatura castelá. Nace en Padrón a finais do século XIV, en 1390. Vinculado á corte do rei Juan II de Castela, desempeñou cargos eclesiásticos en Santiago e Tui antes de ingresar na Orde de San Francisco. Os seus derradeiros anos transcorreron no convento de Santo Antonio de Herbón. A el atribúeselle a achega dunha das palmeiras plantadas no claustro, traída desde Palestina e arrasada por un temporal.
É considerado un dos últimos trobadores da escola galega, aínda que a súa obra foi escrita en castelán. Na súa obra principal, Siervo Libre de Amor, relata a historia de amor de dous amantes, o que constitúe un preludio da novela sentimental e amatoria. Tamén é da súa autoría El Bursario, versión castelá de As Heroidas, de Ovidio.