Descubre Padrón

Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia

Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia

A Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia é unha das igrexas máis antigas de Galicia e está considerado o primeiro templo mariano do mundo.

Antiga Sé Episcopal. A Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia é unha das igrexas máis antigas de Galicia e está considerado o primeiro templo mariano do mundo.

O pasado de Santa María de Iria remóntase á época romana, aínda que non se coñece con certeza o momento no que se levantou a basílica primitiva.

As primeiras probas documentais que sitúan a Iria Flavia como sé episcopal son do s.VI.

O bispado iriense xoga un papel fundamental no descubrimento do sepulcro apostólico. É o bispo Teodomiro quen dá conta do achado arredor do ano 820, vinculando para sempre a tradición xacobea a esta igrexa.