Descubre Padrón

Pesqueiras do río Ulla

Pesqueiras do río Ulla

Construcións tradicionais realizadas en pedra para a pesca artesana da lamprea.

Nos ocos existentes (tamén chamados boquetes) entre cada construción instálanse as redes nas que quedan atrapadas as lampreas cando van río arriba para poder desovar..Este tipo de redes chámanse butróns, e son de forma cilíndrica.

A tempada da pesca no río Ulla vai de xaneiro ao mes de abril.

Dende a ponte situada sobre o río pódense ver dous conxuntos de pesqueiras, río abaixo son as chamadas ‘As Areas’ e río arriba ‘Bellas’.