Descubre Padrón
Convento de Santo Antonio de Herbón
Neste val bañado polo do Sar e o Ulla, instalouse esta orde no 1396 e perdurou no tempo durante máis de seis séculos. Este centro de culto relixioso convida a todo visitante que a sentir a calma que reina nos seus centenarios muros.
Para acceder ao convento hai que pasar por unha ancha rampla con lixeira pendente que nos conduce á porta da capela, onde á dereita se pode contemplar unha fonte que representa un dos franciscanos en postura de oración. Na fonte reza unha inscrición que nos indica que foi construída en 1786, aínda que como se indicou con anterioridade, os relixiosos xa andaban por estas terras desde 1396.
Este convento é o punto orixinario nas nosas terras de onde sae un dos recursos máis prezados da nosa zona, os pementos de Herbón, traídos desde as Américas por un dos franciscanos que percorreu aquelas terras e que permitiron proxectar a Padrón ao escenario gastronómico nacional e internacional.
Por este enclave pasa a Ruta do Pemento e moi cerca atópanse as pesqueiras do río Ulla.