Descubre Padrón
Igrexa parroquial de Santiago de Padrón
A igrexa parroquial de Santiago de Padrón foi reformada por última vez no s. XIX, aínda que dentro dos seus grosos muros atópanse elementos pertencentes a outros templos levantados anteriormente (nos ss. XII e XV).
Entrando pola porta situada no Paseo do Espolón pódese apreciar unha inscrición sobre unha pedra que nos lembra o templo levantado polo arcebispo Xelmírez no ano 1133 e onde versa <
Nos altares e paredes da igrexa podemos ver diferentes elementos da tradición xacobea e representacións do apóstolo Santiago. Contemplamos nun dos altares a Santiago sobre o seu cabalo branco. Moi preto está Santiago Peregrino, talla do s. XVII atribuída a José Gambino, coñecida como O Parrandeiro, que cada 25 de xullo é levada en procesión aos ombreiros dos mozos da vila ata a ermida do Santiaguiño.